Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10322

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2021 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión, para o ano 2021, pola que se encarga ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico cualificado para o control, xestión e análise de proxectos e actividades relacionados cos procedementos de avaliación ambiental e coa autorización ambiental integrada.

1. Encomenda de xestión:

– Actividade: a encomenda comprende traballos auxiliares de avaliación ambiental estratéxica, de avaliación de impacto ambiental, de tramitación da autorización ambiental integrada, así como traballos auxiliares relacionados coa calidade do solo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2021, e o prazo máximo é ata o 31 de decembro de 2021 ou ata a total execución das unidades orzamentadas.

– Importe e modalidade de financiamento: o importe da encomenda ascende á cantidade dun millón setenta e catro mil trescentos trinta e tres euros con trinta e sete céntimos (1.074.333,37 €) con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 07.02.541D.640.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda