1. Encomenda de xestión:
– Actividade: a encomenda comprende o servizo técnico cualificado para a predición e difusión climatolóxica, o seguimento do estado químico e ecolóxico das augas, o control da calidade do aire e o cambio climático.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxetiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2021, e o prazo máximo é ata o 31 de decembro de 2021 ou ata a total execución das unidades orzamentadas.
– Importe e modalidade de financiamento: o importe da encomenda ascende á cantidade de dous millóns setecentos sesenta mil douscentos vinte un euros con vinte catro céntimos (2.760.221,24 €) con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 07.02.541D.640.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2021
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda