Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Dirección Xeral de Recursos Económicos, Sergas, Consellería de Sanidade.
Domicilio social: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Título: proxecto de centro de transformación e seccionamento para centro de saúde en Narón (A Coruña).
Situación: Camiño do Lodairo, s/n, 15570 Narón (A Coruña).
Características técnicas:
Liña de media tensión soterrada de 15 kV, conexión na liña existente LMTS CRN708B, con inicio e fin en empalmes proxectados no tramo comprendido entre os centros CT 15SJDG e 15CLDM, con entrada e saída no centro de seccionamento proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3x(1x240 mm2) Al, lonxitude 30 m (ida e volta).
Centro de seccionamento en edificio non prefabricado, con celas prefabricadas: 3 celas de liña (entrada, saída e derivación a CT), cela para SSAA e telecontrol para xestión (24 kV, 400 A, 16 kA).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112,115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 1 de febreiro de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial de A Coruña