De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería, sita no Edificio Administrativo Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 2 de febreiro de 2021
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
ANP-CO-0023/2020-V |
Sergio Lerga Pérez |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0024/2020-V |
Iria Prieto Saavedra |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0030/2020-V |
Carla Rey Vaamonde |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0031/2020-V |
Óscar Antonio Pardo Pedreira |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0033/2020-V |
Juan Antonio Ouviña Crujeiras |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |