Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9938

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2021 pola que se dá publicidade da prórroga da encarga a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., ordenada pola Resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación do 30 de decembro de 2020, para a tramitación e xestión do alleamento de bens inmobles que sexan adxudicados a este instituto en procedementos xudiciais.

En cumprimento da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a dar publicidade á prórroga, por un prazo dun ano máis, da encarga a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., ordenada pola Resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación do 30 de decembro de 2020, para a tramitación e xestión do alleamento de bens inmobles que lle sexan adxudicados ao Igape en procedementos xudiciais, desde o 1 de xaneiro de 2021 e ata o 31 de decembro de 2021.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica