Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 10007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO de información pública das bases e condicións económico-administrativas para a adxudicación dos permisos para a actividade das escolas de surf e similares nas praias deste concello para a tempada 2021.

Publícase este anuncio para a concorrencia no procedemento de concesión de permisos para a actividade de escolas de surf e similares en zonas de dominio público marítimo-terrestre nas praias do concello de Valdoviño na tempada 2021.

Mediante o acordo do Pleno do Concello de Valdoviño, en sesión do día 4 de febreiro de 2021, apróbanse as bases das condicións económico-administrativas para a adxudicación dos permisos para a actividade de escolas de surf e similares nas praias do concello de Valdoviño para a tempada 2021.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal.

Prazo de presentación de solicitudes: poderán presentarse no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á data deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Valdoviño, 9 de febreiro de 2021

Alberto González Fernández
Alcalde