Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Automoción Domínguez, S. Coop. Galega Xuvenil.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establécese a obrigatoriedade de publicar no Diario Oficial de Galicia a modificación do artigo 1 dos estatutos sociais (cambio denominación) da entidade Automoción Domínguez, S. Coop. Galega Xuvenil, acordada na asemblea xeral do 2 de decembro de 2020, por unanimidade. A nova denominación da cooperativa é Automoción Domínguez, S. Coop. Galega.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 1 dos estatutos (cambio denominación) da entidade Automoción Domínguez, S. Coop. Galega.

Vigo, 1 de febreiro de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.S. (Artigo 62.3 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa