Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-CO-1132/2019-ORS e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do recurso de alzada dos expedientes PSC-CO-1132/2019-ORS e tres máis.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución do expediente, que pon fin a vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa no prazo de dous meses a contara desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 1 de febreiro de 2021

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1132/2019-ORS

76321850F

Resolución

Prado da Viña, 10, Fisterra

PSC-CO-1197/2019-PPM

76968120T

Resolución

O Pazo, 246, Rianxo

PSC-CO-1225/2019-PPM

78784252Y

Resolución

Traba, 32, Araño, Rianxo

PSC-CO-0187/2020-PPM

76321850F

Resolución

Prado da Viña, 10, Fisterra