Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente FE-0000054226 e nove máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio emprázanse para ser notificadas as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou aos seus representantes dos actos administrativos de emenda das solicitudes que se indican.

Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 7 e 9 , A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos actos que se notifican outorgase ás persoas interesadas un prazo de dez días (10), desde o día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, para emendar as súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que ás persoas interesadas desisten da súa solicitude, e procederase ao arquivo do expediente logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

FE-0000054226

32529972Z

Requirimento da emenda da solicitude

17.8.2020

SC-0000065179

05916398Q

Requirimento da emenda da solicitude

4.12.2019

FE-0000076879

32593156V

Requirimento da emenda da solicitude

21.11.2019

CO-0000085557

09525535Q

Requirimento da emenda da solicitude

12.4.2019

CO-0000086708

76542398P

Requirimento da emenda da solicitude

6.3.2020

FE-0000088836

14525651R

Requirimento da emenda da solicitude

27.11.2019

FE-0000088754

33631866R

Requirimento da emenda da solicitude

9.10.2019

FE-0000090010

32577230F

Requirimento da emenda da solicitude

16.122019

FE-0000088410

32662781K

Requirimento da emenda da solicitude

4.11.2020

CO-0000093168

32116677Y

Requirimento da emenda da solicitude

11.9.2020