Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, co procedemento abreviado 23/2021.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 23/2021 (procedemento abreviado), interposto por Eva Sequeiros Troncoso fronte á Resolución do 18 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2020 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos (categoría: técnico superior en Radioterapia) (DOG núm. 238, do 25 de novembro).

A recorrente solicita que se suprima o requisito de experto en protección radiolóxica tipo B da praza 28072000240, que se declare o dereito da demandante a que lle sexa adxudicada esa praza no concurso de traslados de 2020 por ser a solicitante con maior puntuación, con efectos dende a resolución do concurso, e que se condene o Servizo Galego de Saúde a efectuar o correspondente nomeamento no seu favor e se anule a oferta da referida praza no concurso de traslados aberto e permanente de 2021 e, de ser o caso, de anos posteriores, e mentres estea ocupada pola demandante.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos