Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9630

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (484/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/ceses en xeral 484/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Martínez Montes contra Hércules De Armamento, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución en cuxa parte dispositiva consta o seguinte:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por José Luis Martínez Montes fronte á empresa Hércules de Armamento, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Hércules de Armamento, S.L. ao traballador.

– Declárase a extinción do contrato, e condénase a empresa Hércules de Armamento, S.L. a abonar a José Luis Martínez Montes, en concepto de indemnización, a cantidade de nove mil oitocentos oitenta e nove euros con corenta e catro céntimos de euro (9.889,44 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hércules de Armamento, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza