Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9627

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DSP 192/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 192/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime Santos Seoane contra Feca Neón Reformas e Servizos, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou Auto do 21.1.2021 de aclaración de sentenza, contra o cal non cabe recurso ningún sen prexuízo dos que poidan interpor contra a resolución rectificada.

E para que sirva de notificación en forma legal a Feca Neón Reformas e Servizos, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza