A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de decembro de 2020, a resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 9.1.2015, 30.1.2017 e 16.9.2019, nas cales se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción dunha edificación para uso residencial sen vinculación a explotación agrícola ou gandeira, sitas na avenida Grupo Escolar, no termo municipal de Maside, provincia de Ourense, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente e se ordena a súa demolición.
Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución a María del Carmen Rodríguez González, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, a interesada pode interpor recurso de reposición ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste, e lle sirva de notificación a citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística