Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción da persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria de prestacións por desemprego (expediente 22-10-2020/2.1.A).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) , co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselle á persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria e solicitante de prestacións por desemprego que se sinala no anexo, a resolución do procedemento sancionador por infraccións na orde social . A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselle saber que a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e que poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), reclamación administrativa previa ante esta xefatura territorial, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra a resolución da reclamación administrativa cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá presentarse ante esta Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírtese a persoa interesada de que, se non interpón o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 29 de xaneiro de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Mohammed Khaled

22-10-2020/2.1.A

Resolución procedemento sancionador

Lourenzá