Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9620

IV. Oposicións e concursos

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2021 pola que se fai público o acordo do Consello Reitor sobre o nomeamento do posto de director/a do Departamento de Enerxía, anunciado pola Resolución do 9 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 253, do 17 de decembro).

Unha vez convocada a cobertura dun posto de persoal directivo na axencia Instituto Enerxético de Galicia mediante a Resolución do 9 de decembro de 2020 (DOG núm. 253, do 17 de decembro), de conformidade co establecido no artigo 7 das bases da convocatoria e no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade ao acordo do Consello Reitor da axencia Instituto Enerxético de Galicia do 12 de febreiro de 2021, sobre o nomeamento dun posto de persoal directivo na axencia Instituto Enerxético de Galicia, anunciado pola Resolución do 9 de decembro de 2020 (DOG núm. 253, do 17 de decembro).

Segundo. A persoa nomeada para o desempeño do posto de traballo de referencia expresase no anexo desta resolución.

Terceiro. O vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro.

Cuarto. Contra o acordo do Consello Reitor, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso- administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2021

Paula Uría Traba
Directora do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Fernández-Arroyo, Juan Ignacio.

Tipo de persoal: persoal directivo.

Denominación do posto: director do Departamento de Enerxía.

Código: INEGA02DD.

Dependencia: axencia Instituto Enerxético de Galicia.

Directivo: grupo III, nivel 2.

Localidade: Santiago de Compostela.