Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Fachado III.

Visto o expediente instruído para os efectos da transmisión da concesión administrativa e da batea Fachado III, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. O 15 de outubro de 2020, Nélida Hermo Reboiras solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Fachado III.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior, resolvo:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Nélida Hermo Reboiras (***6950**) e Gerardo Hermo Reboiras (***5733**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Fachado III.

Situación:

Cuadrícula nº: 72.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especie autorizada: Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.2.1960.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Hermo Suárez (***9568**), Nélida Hermo Reboiras (***6950**) e Gerardo Hermo Reboiras (***5733**).

Novos titulares: Nélida Hermo Reboiras (***6950**) e Gerardo Hermo Reboiras (***5733**).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña