Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9148

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2020, da comisión encargada de cualificar os procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral, corpo facultativo de grao medio de Administración especial, corpo administrativo de Administración xeral, corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, corpo auxiliar de Administración xeral, corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupos A2, C1, C2, grupo B e da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos II, III, IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 30 de novembro e 3 de decembro de 2020, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar os procesos que se citan na cabeceira, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro) para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia pertencente a diversas categorías, mediante o seu cambio de vínculo xurídico,

ACORDOU:

Primeiro. Elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test feitas públicas pola Resolución do 30 de outubro de 2020 (DOG núm. 230, do 13 de novembro).

Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.2.4, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica. xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion.

Debe indicarse que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado de «apto» ou «non apto» e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.

Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia comisión de funcionarización no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.9 contra o presente acordo da comisión poderá presentarse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión