Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático relativa ao proxecto do parque eólico Mesada, no concello de Vila de Cruces, promovido por Aldesa Energías Renovables de Galicia, S.A.

Visto o establecido na disposición transitoria primeira da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, así como no artigo 12.3 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos,

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o 29 de decembro de 2020, relativa ao proxecto do parque eólico Mesada, no concello de Vila de Cruces (Pontevedra), promovido por Aldesa Energías Renovables de Galicia, S.A. (clave 2011/0171), e que se poderá consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética
e Recursos Naturais