Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9006

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

Advertidos erros na resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 23, do 4 de febreiro de 2021, realízanse as correccións oportunas.

Na páxina 7073, onde figura:

«Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra (COSITAL Pontevedra)

2.017,77 €

18.11.2020»

Debe figurar:

«Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Ourense (Cosital Ourense)

2.017,77 €

18.11.2020»