Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9166

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 121/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letradoa da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 121/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Noya Señarís contra Representaciones Eugal, S.L. sobre despedimento, se ditou decreto de insolvencia con data do 22 de xaneiro de 2021, contra o que se poderá interpoñer recurso de revisión no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Representacións Eugal, S.L., expido o presente para a súa inserción no DOG.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza