Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de xaneiro de 2021 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da concesión outorgada á Asociación Sétima Lista Robaleira de Bueu para a construción e explotación de instalacións de atracada de embarcacións deportivas no porto de Bueu.

Logo de solicitude do concesionario, a presidenta de Portos de Galicia acordou o día 18.1.2021 iniciar o trámite de modificación da concesión outorgada á Asociación Sétima Lista Robaleira de Bueu para a construción e explotación de instalacións de atracada de embarcacións deportivas no porto de Bueu.

O concesionario propón realizar un investimento que ascende a un total de 255.439,78 € (IVE excluído), definido na documentación técnica achegada á solicitude.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia