Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2021 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG100.2014.1.54 e dous máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

NIF/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG100.2014.1.54

Gestión de Biomasas del Noroeste, S.L.

Axudas para proxectos de investimento para a creación dun novo establecemento, ampliación, diversificación da produción ou cambio no proceso de produción, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Inviste) (Resolución do 5 de decembro de 2013; DOG núm. 238, do 13 de decembro)

18.11.2020

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG107.2015.1.11

Domotecnología y Seguridad, S.L.

Axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Emprende) (Resolución do 19 de decembro de 2014; DOG núm. 248, do 29 de decembro)

18.11.2020

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG206.2016.1.98

33550902C

Microcréditos-bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 153, do 12 de agosto)

20.3.2020

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total