Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8936

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2020/U040/000001).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 7 de decembro de 2020, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para obter os terreos do sistema xeral SX-VI/AU06, previsto no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) en solo urbano para a mellora do cruce do novo sistema viario (SX-VI/AU06) coa avenida da Revolta (estrada AC-552), polo procedemento de taxación conxunta, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e asinado polo técnico Isidro López Yáñez (arquitecto colexiado 2261 COAG).

A relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio é a seguinte:

Relación de bens e dereitos afectados.

Predio

Ref catastral

Titular

Superficie total (m²)

Superficie afectada (m²)

Clasificación urbanística

Situación básica do solo

Outros bens afectados

1

4437844NH2843N0001ZI

José Vila Suárez

1.194

308

Solo urbano consolidado (Ord. 1 zona residencial extensiva)

Urbanizado

2

4437849NH2843N0001BI

José Francisco Ponte Regueira

1.592

200

Solo urbano consolidado (Ord. 1 zona residencial extensiva)

Urbanizado

137 m² soleira formigón

1 m³ muro formigón

5 m varanda vidro e aceiro inoxidable

3

4437824NH2843N0001PI

Ramón García Taibo

765

27

Solo urbano consolidado (Ord. 1 zona residencial extensiva)

Urbanizado

4

4335094NH2843N0001QI

María Begoña Sánchez Navaza (25 %)

José Miguel Sánchez Navaza (25 %)

Alejandro Sánchez Navaza (25 %)

Juan Pablo Sánchez Navaz (25 %)

3.273

30

Solo urbano consolidado (Ord. 3 aona terciaria)

Urbanizado

30

soleira

formigón

O que se somete a información pública por un prazo dun mes en cumprimento dos artigos 118.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 293.3 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, requíreselle aos titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios e aos titulares do predio nº 4 que deberán acreditar a titularidade procedente dos titulares catastrais. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñezca o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica municipal das 10.00 ás 13.00 horas e na páxina web do concello no seguinte enlace: http://carballo.org/media/documentos/ROTONDA.pdf.

Carballo, 21 de decembro de 2020

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde