Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8786

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro do 2021 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT215B).

A Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no artigo 3 determina que a Agadic ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables. O artigo 5.1 da Lei 4/2008 establece que unha das funcións da Agadic é a de promover a distribución dos produtos culturais do noso país, fomentando a creación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados, e o artigo 5.2 establece que a Agadic poderá, para o logro dos seus obxectivos, conceder subvencións.

A través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a Xunta de Galicia, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade centraliza os programas de apoio destinados a empresas e industrias culturais privadas do sector audiovisual.

Un dos obxectivos da Axencia é consolidar o tecido industrial cultural galego e convertelo nun tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador fomentando a creación, a demanda e a comercialización de bens e servizos culturais de calidade aumentando o peso relativo do sector no sistema produtivo galego. Ao tempo quere promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega e lingua galegas como elementos singulares a novos mercados. Así e tal como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine, na súa exposición de motivos a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía como manifestación artística e expresión creativa, sendo un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto á súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión, dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso, considerando que a cultura audiovisual, da que, sen dúbida, o cinema constitúe unha parte fundamental, áchase presente en todos os ámbitos da sociedade actual.

Con estas axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais, quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado no impulso do sector audiovisual galego para a comunidade, consolidando industrias audiovisuais rendibles, desde o punto de vista económico e social, facéndoas competitivas e susceptibles de exportar os seus produtos e ao mesmo tempo impulsando e convertendo o sector audiovisual en estratéxico para a comunidade, buscando a excelencia dos produtos culturais coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

Por todo iso na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas resolvo, aprobar a convocatoria pública de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia, para o ano 2021, de conformidade coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto

1. O obxecto desta resolución é establecer as bases que regularán, en réxime de concorrencia competitiva, ás subvencións establecidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para o apoio á realización de festivais de cinema de carácter profesional celebrados en Galicia, que polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT215B).

2. Para os efectos desta convocatoria, entenderase por festivais aqueles certames, semanas e mostras que teñan por obxecto a promoción e difusión da produción cinematográfica e audiovisual e se celebren en Galicia.

Segunda. Procedemento de concesión e principios de xestión

1. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

2. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado. No caso de percibirse outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

3. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, pode superar o 100 % do custo do evento.

4. Nos anexos desta resolución figuran as declaracións das axudas de minimis así como doutras axudas percibidas polo solicitante.

5. A xestión destas subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

6. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria anual e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

7. Estas bases, así como a guía de procedementos e servizos, estarán dispoñibles no seguinte enderezo web https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Terceira. Normativa aplicable

A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto na presente resolución aprobatoria das bases a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e convócanse para o ano 2021, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e supletoriamente pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, a Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia e demais normativa de xeral aplicación.

Cuarta. Persoas beneficiarias da subvención

1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei de subvencións de Galicia.

2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Quinta. Requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias

1. Poderán obter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades enumeradas na base cuarta que se atopen na situación que fundamenta a concesión da subvención e concorran as circunstancias previstas na presente convocatoria.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

3. Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por un mesmo solicitante, só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por solicitante. No caso de que varios proxectos se consideren subvencionables, optarase polo que teña maior puntuación.

4. Quedarán excluídas as solicitudes conxuntas das entidades locais nas que non se acredite a realización conxunta do festival e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

5. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.

Sexta. Requisitos dos festivais para optar as axudas

1. Para optar a estas axudas, os festivais terán que reunir os seguintes requisitos:

a) Celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de decembro de 2020 ata o 31 de outubro de 2021. No dito cómputo enténdense incluídos tanto o 1 de decembro do ano da publicación da convocatoria, así como o 31 de outubro do seguinte.

Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro do ano 2021 e que se desenvolvan a maioría das actividades neste período, entendendo por maioría que superen o cincuenta por cen das mesmas.

b) Ter unha duración mínima de 4 xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións.

c) Ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas inmediatamente anteriores ao ano da convocatoria respectiva.

d) Que a programación proposta para a edición obxecto de axuda conteña un mínimo dun 5 % de títulos ou 5 sesións de produción cinematográfica galega e/ou dirección galega.

e) Que acaden unha puntuación mínima na fase de valoración de 40 puntos resultando excluídos de subvención os que no acaden a dita puntuación.

f) As actividades que se van desenvolver obxecto desta subvención non poden estar subcontratadas nin total nin parcialmente, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Sétima. Procedemento, créditos, contías e límites

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. O expediente tramítase como anticipado de gasto e no ano 2020 poderase chegar como máximo ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto. Todos os actos ditados no expediente da gasto regulado por esta resolución entenderanse condicionados a que, unha vez aprobado o orzamento, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento no que se produciran aqueles.

3. Para a concesión destas subvencións destinase un crédito global de 200.000 euros, código de proxecto 2015-0003 repartido nas aplicacións orzamentarias seguintes:

10.A1.432B.460.0: 20.000 euros (entidades locais).

10.A1.432B.470.0: 20.000 euros (empresas).

10.A1.432B.481.0: 160.000 euros (asociacións).

Ao estar distribuída a contía total máxima anual das subvencións convocadas entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria, tal e como se recolle no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A contía das subvencións determinarase en función das dispoñibilidades orzamentarias, o custo do proxecto e a puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración.

5. A porcentaxe máxima de concesión de subvención a través da correspondente convocatoria a un festival, non poderá exceder o 40 % do seu orzamento subvencionable, cando o solicitante sexa unha entidade local e o 60 % cando o solicitante sexa unha entidade privada. Para as solicitudes conxuntas de entidades locais, ou solicitudes de entidades resultantes de fusión, a porcentaxe poderá alcanzar ata un máximo do 75 % do orzamento subvencionable.

En todo caso a contía máxima que poderá solicitar é de 40.000 euros.

Oitava. Inicio do procedemento: solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Novena. Prazo de presentación das solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Décima. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Ademais da solicitude (anexo I), os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

2. As persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación específica:

2.1. Ficha do proxecto debidamente cuberto e asinado (anexo II).

2.2. Datos relativos ás actividades desenvolvidas na edición 2019, axustados aos criterios que se definen na letra A) do punto 1 da base décimo quinta:

2.2.1. Obras de autoría galega presentadas (de director/a de orixe galego ou con máis de dous anos de residencia acreditada en Galicia.

2.2.2. Acreditación da residencia do/da director/a, de ser o caso.

2.2.3. Acreditación das seccións competitivas ofertadas, de ser o caso.

2.2.4. Acreditación das actividades formativas e informativas directamente relacionadas co ámbito audiovisual que tivera un mínimo de 4 horas de duración cada unha, de ser o caso.

2.2.5. Acreditación da realización de acción e actividades en colaboración con outros eventos nacionais e internacionais, de ser o caso.

2.3. Memoria da edición 2019 do certame a que se describan os aspectos relacionados coa letra B) da base décimo quinta: temática, especialización e diferenciación con respecto a outros certames, incidencia dentro do panorama cinematográfico autonómico e nacional, contribución ao aumento das posibilidades de difusión posterior a nivel nacional e internacional das obras presentadas, calidade das proxeccións, o tratamento das copias e demais condicións para a adecuada exhibición das obras audiovisuais, o número de obras en primeira presentación oficial con respecto a Galicia e España e repercusión en medios de comunicación e prensa especializada.

2.4. Memoria da edición celebrada no ano 2020 na que se describan os aspectos relacionados coa letra C) do punto 1 da base décimo quinta: carácter profesional da dirección artística e do equipo de programación, o contido da programación, os aspectos diferenciais con respecto a outros certames de similar natureza, a evolución cualitativa con respecto á edición anterior, a convivencia das actividades presenciais coas virtuais, o acceso a novos públicos, a repercusión en medios de comunicación, plataformas de difusión e redes sociais, e a contribución á promoción do cine galego.

2.5. Datos relativos á edición proposta, axustados aos criterios que se definen na letra D) do punto 1 da base décimo quinta:

2.5.1. Accións propostas dirixidas á promoción e ao impulso do talento audiovisual galego.

2.5.2. Proposta de presentación de obras internacionais que contarán coa presenza física ou virutual dos/das autores/as.

2.5.3. Accións propostas especialmente dirixidas a fomentar a participación do público infantil e xuvenil.

2.5.4. Accións paralelas deseñadas específicamente para o contorno dixital.

2.6. Memoria económico-financeira, no anexo normalizado da convocatoria anual que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base décimo oitava e a previsión de ingresos, a porcentaxe de subvención solicitada con respecto ao orzamento subvencionable sen IVE do proxecto e a porcentaxe de fondos propios e patrocinios do certame con respecto ao seu orzamento total con IVE. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE (anexo III).

2.7. Para as solicitudes conxuntas presentadas por entidades locais, memoria de aforro de custos respecto da presentación de modo individual.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou otros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica da documentación será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da documentación.

Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo primeira. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

– Concesión de subvencións e axudas.

– Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

– Concesión pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo segundo. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Décimo terceira. Trámites administrativos posteriores

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo cuarta. Instrución do procedemento

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1º. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resultase de obrigado cumprimento.

3º. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir datos, información complementaria ou aclaratoria necesaria aos interesados, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ou aos profesionais ou expertos consultados para as xestións das solicitudes.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que derivasen destas bases. Para estes efectos, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención. Para realizar estas funcións, poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Agadic para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación.

3. De conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia cando o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior á que figura na solicitude presentada, poderase instar o beneficiario á reformulación da súa solicitude presentando un anexo III que poderán obter na sede electrónica da Xunta e unha memoria detallada do novo proxecto para axustar os compromisos e condicións económicas á subvención outorgable.

A dita documentación presentarana a través da Carpeta cidadá.

En calquera caso, a reformulación de solicitudes respectará o obxecto, condicións e finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos na convocatoria.

Décimo quinta. Comisión de Valoración

1. A comisión de avaliación será nomeada pola persoa titular da Dirección da Agadic, e estará constituída por:

a) Unha persoa do cadro de persoal da Agadic.

b) Tres persoas expertas de recoñecido prestixio no ámbito do audiovisual.

c) Unha persoa do cadro de persoal da Agadic, sen dereito a voto, que fará as funcións de secretario/a.

A condición de vogal da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso.

2. A comisión de avaliación levantará acta indicando entre outros puntos, o xeito de puntuar os criterios subxectivos, e elaborará un informe preceptivo que será motivado, relacionando os proxectos examinados por orde de prelación, e indicará a puntuación asignada a cada un deles.

3. Unha vez entregado o informe por parte da comisión de avaliación, a Dirección da Agadic elaborará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas.

Décimo sexta. Valoración das solicitudes

1. A puntuación máxima das solicitudes será de 75 puntos, que serán valoradas de xeito semellante para todo tipo de solicitantes, de acordo cos criterios de valoración seguintes:

A) Historial do certame e valoración obxectiva da edición 2019

20 puntos

1. Antigüidade do festival

Máximo 6 puntos

– Entre 5 e 10 anos

2 puntos

– Entre 10 e 15 anos

4 puntos

– Máis de 15 anos

6 puntos

2. Contribución ao fortalecemento do sector audiovisual galego: número de obras de autoría galega presentadas (director/a de orixe galego ou con máis de dous anos de residencia acreditada en Galicia)

Máximo 5 puntos

– Curtametraxes

0,2 puntos

– Longametraxes

1 punto

3. Número de seccións competitivas ofertadas: 1 punto por cada sección

Máximo 3 puntos

4. Actividades complementarias cun mínimo de 4 horas de duración de carácter formativo e informativo directamente relacionadas co ámbito audiovisual (coloquios, entrevistas, cursos, outros a detallar): 1 punto por cada actividade

Máximo 3 puntos

5. Programas de colaboración con outros eventos de fóra de Galicia, nacionais e internacionais

Máximo 3 puntos

– Nacional

1 punto

– Internacional

2 puntos

B) Calidade da programación e repercusión da edición 2019 do certame

10 puntos

Terase en conta a temática, a especialización e diferenciación con respecto a outros certames, a incidencia dentro do panorama cinematográfico autonómico e nacional, a contribución ao aumento das posibilidades de difusión posterior a nivel nacional e internacional das obras presentadas, a calidade das proxeccións, o tratamento das copias e demais condicións que aseguren unha adecuada exhibición das obras audiovisuais, o número de obras en primeira presentación oficial con respecto a Galicia e España e a repercusión en medios de comunicación xerais e prensa especializada.

Ata 10 puntos a asignar segundo os aspectos mencionados, proporcionalmente e con motivación

C) Calidade da programación e repercusión da edición 2020

10 puntos

Valorarase o carácter profesional da dirección artística e do equipo de programación, o contido da programación, os aspectos diferenciais con respecto a outros certames de similar natureza, a evolución cualitativa con respecto á edición anterior, a convivencia das actividades presenciais coas virtuais, o acceso a novos públicos, a repercusión en medios de comunicación, plataformas de difusión e redes sociais, e a contribución á promoción do cine galego.

Ata 10 puntos a asignar segundo os aspectos mencionados, proporcionalmente e con motivación

D) Valoración obxectiva da edición proposta

35 puntos

1. Accións dirixidas á promoción e ao impulso do talento audiovisual galego promovidas desde o festival (ciclos de programación, estreas con coloquio, encontros con programadores, outros): 1 punto por cada acción

Máximo 4 puntos

2. Participación de obras internacionais: 1 punto por cada obra presentada sempre que conte coa presenza física ou virtual do/da autor/a, máximo dúas persoas por país.

Máximo 4 puntos

– Curtametraxes

0,2 puntos

– Longametraxes

1 punto

3. Accións especialmente dirixidas a fomentar a participación do público infantil e xuvenil (seccións específicas, ciclos de programación, obradoiros, outras a detallar): 1 punto por cada acción

Máximo 3 puntos

4. Accións paralelas deseñadas especificamente para o contorno dixital: 1 punto por cada acción

Máximo 4 puntos

5. Porcentaxe de subvención solicitada con respecto ao orzamento subvencionable sen IVE do proxecto

Maximo 10 puntos

– Menor ou igual ao 20 %

10 puntos

– Do 21 % ao 30 %

7 puntos

– Do 30 % ao 40 %

5 puntos

6. Solidez financeira do festival: valoración do nivel de patrocinios e colaboracións privados cos que conta a entidade organizadora para levar a cabo a actividade con respecto ao orzamento total, IVE incluído.

Máximo 10 puntos

Entre o 20 % e o 40 %

5 puntos

Máis do 40 e ata o 60 %

7 puntos

Máis do 60 %

10 puntos

2. Como puntuación adicional, en cumprimento do acordo do Consello da Xunta polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, outorgarase ata 45 puntos a aquelas solicitudes que cumpran as seguintes condicións:

A) Agrupacións de concellos baixo calquera fórmula agás a de fusión municipal:

– 15 puntos por presentación de solicitudes conxuntas.

– Ata 15 puntos, segundo os seguintes criterios:

a) Número de concellos asociados: ata 5 puntos.

b) Número de servizos que se van prestar de forma compartida: ata 5 puntos.

c) Repercusión sobre o número total de poboación: ata 5 puntos.

– Pola valoración da memoria explicativa do aforro de custos que supón a prestación conxunta sobre a individual: ata 15 puntos.

B) Fusión municipal. Pola mera presentación da solicitude por parte da entidade resultante da fusión: 45 puntos.

Décimo sétima. Resolución da convocatoria anual

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e do informe da Comisión Avaliadora, ditará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia da Agadic.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do acordo con data do 24 de xullo do 2012 (DOG núm. 164) deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa dos beneficiarios, da contía da axuda informando expresamente do seu carácter de minimis en virtude do disposto no artigo 6 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, así como dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes.

3. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que os interesados poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

4. A resolución da convocatoria anual correspondente porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa.

Décimo oitava. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia, as notificación electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificación á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificación só por medios electrónicos, deberán optar, en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa valida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificación por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación, sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Unha vez notificada a resolución, os beneficiarios comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

Deberá comunicarse por escrito ao beneficiario o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu carácter de axuda de minimis exenta en aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Décimo novena. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto e se inclúan entre os seguintes:

a) Gastos de difusión e publicidade en calquera soporte no cal se farán constar os logotipos da Agadic e da Xunta de Galicia, seguindo as súas normas de identidade corporativa.

b) Alugamento de espazos e equipamentos técnicos.

c) Gastos de servizos técnicos e profesionais.

d) Xestión de películas: dereitos de exhibición e transporte de copias.

e) Gastos de subtitulado.

f) Premios ou galardóns oficiais, en cuxa convocatoria e publicidade constará a colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais: fabricación de estatuíñas, galardóns ou similares e cantidades monetarias cun límite total de 4.000 euros que se entreguen como premios do festival.

g) Gastos de viaxes e aloxamento dos participantes nas actividades propostas.

h) Gastos de protocolo: azafatos/as, presentadores/as e moderadores/as.

i) Salarios e cobertura social computados desde cinco meses antes da data de apertura do evento ata un mes despois da data de clausura deste e sempre que se atopen comprendidos dentro do período subvencionable, do persoal contratado para actividades relacionadas coa dirección artística e organización do certame, sen que a cantidade supere o 20 % do orzamento total do festival e co límite máximo de 20.000 euros.

Todos os gastos subvencionables deberán estar pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

j) Gastos xerais non previstos entre os gastos anteriores con límite do 10% da suma dos mesmos.

2. En ningún caso serán subvencionables:

– Gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade.

– Os gastos de soldos, salarios ou calquera outro tipo de retribución ou remuneración, seguros sociais ou retencións de impostos do promotor, se é persoa física, ou das persoas pertencentes á entidade promotora do festival.

– Investimento ou adquisición de material ou equipamentos que supoñan incremento de patrimonio do solicitante.

– Premios que consistan en entrega de cantidades monetarias que excedan o límite de 4.000 euros.

– Degustacións gastronómicas e actividades complementarias que non teñan carácter cultural.

– Os gastos excluídos no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Vixésima. Pagamento e xustificación. Documentación requirida

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co programa e/ou proxecto presentados e se xustifique correctamente o seu emprego, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados.

2. A Agadic –consonte as previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia, e 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia– poderá aboar como pagamento anticipado, que suporá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de acordo coas seguintes condicións:

– Cando o importe da subvención non supere os 18.000 euros, ata un 80 % da subvención concedida, e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

– Cando o importe da subvención concedida supere os 18.000 euros, ademais, un 10 % adicional sobre o importe que exceda os 18.000 euros, e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

O importe restante aboarase tras a acreditación polo beneficiario do cumprimento total das obrigas establecidas nestas bases.

3. Os beneficiarios que reciban pagamentos anticipados, cando estes excedan a cantidade de 18.000 euros, deberán constituír unha garantía de conformidade e co artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento á conta, e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación. Quedan exonerados da constitución de garantía os beneficiarios e nos casos establecidos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

4. A documentación xustificativa da subvención incluirá o custo total da actividade subvencionada e constará dos seguintes documentos:

a) Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. (que presentarán todo tipo de beneficiarios).

b) Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos incorridos nas actividades subvencionadas, debidamente agrupadas e, se procede, as cantidades inicialmente orzamentadas e as desviacións que se producisen. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE.

c) Facturas ou documentos xustificantes, orixinais ou copias, dos gastos imputados á actividade obxecto da subvención de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1619/2012, (na súa última redacción) polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido, orixinais ou compulsados, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento polo beneficiario, orixinais ou compulsados, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

d) Programas de man e/ou carteis, e calquera outro material promocional, publicitario ou informativo empregado na campaña de difusión (que presentarán todo tipo de beneficiarios).

e) Acreditación documental das entradas postas á venda (follas de billeteira, facturas de pagamento dos dereitos de propiedade intelectual, plataformas dixitais de vendas, etc.), ou certificados de asistencia de público.

f) Copia dos contratos laborais celebrados con motivo da contratación de persoal directamente relacionado coa dirección artística e organización do certame, xunto coa correspondentes certificacións das altas na Seguridade Social, nóminas e copias dos boletíns de cotización.

g) Acreditación documental da colaboración da Agadic nos premios entregados (que presentarán todo tipo de beneficiarios).

5. No suposto de que o beneficiario da subvención sexa unha entidade local, estará obrigada a xustificar ante o órgano outorgante o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do festival e o seu custo real, mediante a presentación dunha conta xustificativa integrada:

– Pola certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida.

– Pola certificación expedida pola secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

a) O cumprimento da finalidade da subvención.

b) Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación do/a acredor/a, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. Non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

c) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiarán a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa orixe.

d) Se é o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, estas estarán obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria das beneficiarias de cada un dos aboamentos das subvencións concedidas. No caso de realizarse pagamentos anticipados, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado por parte da entidade local beneficiaria con anterioridade á finalización do período de xustificación.

6. O prazo de xustificación da subvención percibida rematará no prazo máximo de tres meses desde a data de notificación da adxudicación da subvención, no suposto de que se celebrase antes da correspondente convocatoria, e de tres meses desde a finalización do festival, para os festivais celebrados con posterioridade á convocatoria, sen que en ningún caso supere o día 15 de novembro de 2021. Transcorrido o prazo de xustificación sen que se presente esta ante a Agadic, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

7. Non se poderá realizar, en ningún caso, o pagamento da subvención outorgada en canto o beneficiario non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e con Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, estando autorizada a Agadic para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos.

8. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis pola entidade beneficiaria nos tres últimos anos (anexo IV).

Vixésima primeira. Obrigas dos beneficiarios

As persoas beneficiarias da subvención teñen que cumprir as obrigas seguintes:

a) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

b) Levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado.

c) Notificar á Agadic as axudas, ingresos ou recursos que financien a actuación subvencionada, obtidos ou solicitados a outras administracións ou entidades públicas ou privadas, con posterioridade á presentación da solicitude da convocatoria correspondente.

d) Proporcionar, en todo momento, a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

e) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención, tanto nos actos públicos coma no material de difusión que se elabore, comprométense a facer mención expresa da colaboración da Xunta de Galicia no desenvolvemento das actividades conveniadas. A entidade comprométese a utilizar en todo o material de difusión que realice ao abeiro deste convenio a imaxe corporativa do Xacobeo 2021 e a da Xunta de Galicia, seguindo as normas respectivas en materia de identidade corporativa, marcas que deben ser descargadas da web da Xunta de Galicia: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal (para Xunta de Galicia) e https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/xacobeo-2021 (para Xacobeo 2021). 

f) Comunicar por escrito con antelación suficiente a programación e demais actos co fin de que, se se considera oportuno, poda estar representada a Axencia Galega das Industrias Culturais a través das persoas que se designen para este efecto.

g) No material empregado como catálogos, publicacións, vídeos e demais material relacionadas con actividades dos festivais, nos actos públicos, os beneficiarios comprométense a facer mención expresa da colaboración da Agadic no desenvolvemento dos festivais.

h) A emisión dun clip promocional do audiovisual galego editado pola Agadic antes de cada proxección do festival.

i) Outras obrigas previstas na normativa de subvencións.

Vixésima segunda. Modificación da resolución

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais ten a facultade de revisar as axudas concedidas e modificar a resolución de concesión no caso de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

2. O beneficiario ten a obriga de solicitar á Agadic a aceptación de calquera modificación ou alteración relevante ou significativa sobre o proxecto subvencionado. Para que tales modificacións poidan ser tidas en conta na xustificación deberán ser previamente aceptadas pola Agadic. As alteracións non autorizadas, ou non solicitadas, poderán dar lugar á minoración da subvención concedida ou á súa revogación.

3. Non se aceptarán modificacións que afecten os requisitos para poder optar ás subvencións exixidos na base cuarta da presente resolución.

4. En canto ao resto das modificacións solicitadas, a Agadic poderá acordar, de xeito motivado, a modificación da resolución de concesión, coa minoración proporcional derivada das alteracións.

Vixésima terceira. Reintegro

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Vixésima cuarta. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, se prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro do 2021

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file