Mediante Orde do 7 de outubro de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia número 219, do 30 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Emprego e Igualdade que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido nos artigos 17.2C e 92.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería de Emprego e Igualdade, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2021
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade
ANEXO
Código: EI50100000015770001.
Consellería: Emprego e Igualdade.
Denominación do posto: secretario/a do/da secretario/a xeral.
Dependencia: Secretaría Xeral de Emprego.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo ou escala: xeral.
Grupo/subgrupo: C1-C2.
Nivel: 18.
Complemento específico: 6.996,92 €/ano.
Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).
Formación específica: 640 (para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).