Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de insolvencia (ETX 81/2018).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ETX 81/18 deste xulgado se ditou decreto de insolvencia do 14.1.2021, contra o cal se poderá interpoñer recurso de revisión no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Vanessa Gago Romero, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza