Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo (expediente 2017/X999/001277).

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 21 de decembro de 2020, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo-PE2 «Razo-Arnados», con reaxuste da súa delimitación, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos Iria Pérez Miranda (colexiada número 3194 COAG), Ignacio Lázaro Quintela (colexiado número 3877 COAG), Miguel Ángel Abad Blanco (colexiado número 1877 COAG) e Antonio Deus Álvarez (colexiado número 1875 COAG).

O que se somete a información pública polo prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186 do regulamento da dita lei, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por este poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Notificarase individualmente o acordo de aprobación inicial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados que figuran no punto III da parte xustificativa da memoria deste plan especial. Nestas especificaranse cales son as parcelas afectadas polo reaxuste do ámbito.

Así mesmo, este anuncio serve de notificación para as parcelas con titulares catastrais descoñecidos ou para aqueles titulares dos cales se descoñece o seu enderezo.

Tal e como se establece na ficha que se inclúe na normativa do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), no ámbito do plan especial non se poderán outorgar licenzas ata o seu desenvolvemento.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na oficina técnica municipal das 10.00 ás 13.00 horas e na páxina web do concello na seguinte ligazón:

http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 12 de xaneiro de 2021

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde