Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8663

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 9/2020).

ETX execución de títulos xudiciais 9/2020

Procedemento orixe:DSP despedimento/cesamentos en xeral 203/2019

Sobre despedimento

Demandante: Juan Alberto Faro Rodríguez

Avogada: María Elena Teixeira Barcala

Demandados: José Ces Alcalde, S.L., Óscar Pérez López, S.L., Fogasa

Avogada: Montserrat Trillo Nouche, letrada do Fogasa

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ETX 9/2020 deste xulgado foi pronunciado decreto do 12.1.2021 contra o cal se poderá interpor recurso de revisión no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución, así como da demanda executiva, na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L. expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza