Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2021, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de extinción por causa de caducidade dunha concesión hidráulica (LU/25/98).

O pasado 27.10.2020 ditouse o acordo de inicio do expediente de extinción por causa de caducidade dun título concesional outorgado para aproveitamento hidroeléctrico o 13.12.2001 cuxas características básicas son as que se transcriben a seguir:

Clave e denominación do aproveitamento: LU/25/98, AH de Figueiras

Titular do aproveitamento: Aprenar, S.L.

Caudal máximo de auga concedido: 1600 l/s.

Corrente de onde se derivan as augas: río Figueiras.

Termo municipal onde radica a toma: Mondoñedo (Lugo).

Intentada a notificación á sociedade Aprenar, S.L. sen que fose posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC), notifícase o dito acordo, para que, en cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado compareza, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 en Santiago de Compostela, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos documentos que conforman o expediente e constancia de tal coñecemento. Durante este mesmo prazo, poderá formular as alegacións e probas que considere oportunas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico