Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 7992

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 3, do 7 de xaneiro) (código de procedimento TR350A).

A Orde de 20 de novembro de 2019 pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 7 de xaneiro) establece, no seu artigo 4, que a concesión das axudas previstas para o ano 2020 nesta orde estará suxeita á existencia do crédito orzamentario e que, de ser o caso, segundo o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social competente da xestión do programa o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

A Orde do 20 de novembro establece, no seu artigo 4, que a orde se financiará co crédito da aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.3 2018 00 085, cunha contía de 4.339.267 euros. Unha vez resoltas as solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 20 de novembro, seguindo a súa orde de entrada, constátase que se esgotou o orzamento dispoñible para a concesión das axudas.

A última solicitude resolta favorablemente ao abeiro da aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.3, código de proxecto 2018 00085, foi o expediente TR350A 2020/117-2, presentado o 7 de febreiro de 2020, ás 11.11.30 horas, na sede electrónica.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Dar a coñecer o esgotamento do crédito dispoñible para as axudas convocadas pola Orde do 20 de novembro de 2019 pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 7 de xaneiro), para a aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.3, código de proxecto 2018 00085, con data do 7 de febreiro de 2020, ás 11.11.30 horas.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social