Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8047

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de dúas encomendas de xestión á Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante os anos 2021 e 2022.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 12, do 20 de xaneiro de 2021, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 3231, onde di:

«2. Resolución do 19 de novembro de 2020, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dun servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2021».

Debe dicir:

«2. Resolución do 2 de decembro de 2020, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dun servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2021».