A persoa titular da Xefatura da Área de Vertidos de Augas de Galicia ditou requirimento no expediente DH.D27.72848 en materia de vertidos de augas residuais seguido contra a persoa titular do NIF 33676040-S (t.m. Viveiro).
Intentada a notificación do requirimento por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o requirimento ditado á persoa interesada.
Infórmase que o expediente de denuncia se atopa a súa disposición nas oficinas da Área de Vertidos de Augas de Galicia, situadas na Praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela.
Comunícase que en relación co requirimento mencionado cabe presentar alegacións perante a Área de Vertidos de Augas de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia