Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7790

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 3 de febreiro de 2021 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 5 de novembro de 2020.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, pola Orde do 5 de novembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 229, do 12 de novembro), de conformidade co disposto na base e sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 5 de novembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 229, do 12 de novembro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da persoa que obtivo praza deberá efectuarse ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, na súa nova redacción dada polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, e o disposto na base sétima da convocatoria.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lle foran concedidas a esta persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O/a xefe/a do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2021

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Apelidos e nome: Beatriz Garabal Rivadulla.

NRP: *****02446 A1146.

Subgrupo: C2.

Denominación do posto de traballo: secretario/a do/da director/a xeral.

Código do posto de traballo: IV.C03.00.000.15770.003.

Centro directivo: Dirección Xeral de Mobilidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: A1 Xeral.

Grupo: C1 C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.996,92 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.