Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Outes-Valadares (Serra de Outes-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia pola revisión gráfica e documental.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da Zona de Concentración Parcelaria de Outes-Valadares (Serra de Outes-A Coruña), que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia pola revisión gráfica e documental.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2021

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

76479357X

Trámite de audiencia

Outes-Valadares (Serra de Outes-A Coruña)