Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7786

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2020 pola que se adxudica o II Premio aos empregados/as públicos/as innovadores/as, correspondente á convocatoria do ano 2020.

Mediante a Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación do 26 de xuño de 2020 (publicada no DOG núm. 140, do 15 de xullo) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o II Premio aos empregados/as públicos/as innovadores/as, co obxectivo de sensibilizar e incentivar o uso da innovación para a mellora dos servizos públicos e a optimización na xestión dos recursos públicos.

En cumprimento do establecido no artigo 11 das bases reguladoras «A adxudicación dos premios realizarase mediante resolución da directora de GAIN, de acordo coa proposta do comité de avaliación».

De acordo co exposto, e seguindo o procedemento regulado nas bases reguladoras,

RESOLVO:

1. Adxudicar o II Premio aos empregados/as públicos/as innovadores/as na súa convocatoria do ano 2020, logo da proposta do comité de avaliación:

– Na categoría de Identificación de oportunidades, ao equipo formado por Juana Isabel Ferreiro López-Rioboo, con NIF 32828403C, e María Lourdes Veira Rabuñal, con NIF 32764025L, polo proxecto «Busca da excelencia na vixilancia do mercado: aplicación Zebra». O premio consistirá nun importe en metálico de 3.000 euros para o conxunto do equipo, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Na categoría de Proxecto coa temática máis innovadora, á solicitude achegada por Iván Cacheiro Villamisar, con NIF 34896383R, polo proxecto «Innovaugas 4.0». Ao tratarse dunha solicitude individual, o premio consistirá nun importe en metálico de 2.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

2. Conforme o artigo 21 das bases reguladoras, os premios financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A3.561A.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2020 polos importes que se indican:

Categoría Identificación de oportunidades

NIF

Custo (€)

IRPF (19 %)

Subtotal (€)

Juana Isabel Ferreiro López-Rioboo

32828403C

1.215,00

285,00

1.500,00

María Lourdes Veira Rabuñal

32764025L

1.215,00

285,00

1.500,00

Categoría Proxecto coa temática máis innovadora

NIF

Custo (€)

IRPF (19 %)

Subtotal (€)

Iván Cacheiro Villamisar

34896383R

1.620,00

380,00

2.000,00

Total 09.A3.561A.480.0

5.000,00

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación