Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 152/2013, por instancia de María Cenelia Piedrahita Zapata, contra a executada Carmela Teresa Paredes Sanabria (Locais Dakaty e Ladys) se ditou o día 8.1.2021 decreto de insolvencia no sentido de declarar á executada, en situación de insolvencia parcial, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2021
Letrada da Administración de xustiza