En cumprimento do disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e 199 do Regulamento da Lei 2/2016, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG), infórmase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de novembro de 2020, confirmou a aprobación definitiva producida por silencio administrativo do «estudo de detalle en solo urbano de media densidade, vía de nova apertura entre número 59 y 63 da rúa Manuel Iglesias de Vila de Cruces» co fin de reaxustar as aliñacións establecidas nas normas subsidiarias municipais; presentado a iniciativa de José Santiso Lorenzo e María del Carmen Torreiro Penas (RE 259,7 do 24.8.2018), -versión en formato electrónico (RE nº 2018-E-RC-2914, do 1 de outubro de 2018).
Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vila de Cruces, 15 de xaneiro de 2021
Luis Celso Taboada Sánchez
Alcalde