Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7604

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións relativo ao predio radicado na parte posterior da estación de autobuses da Estrada (referencia catastral 36017A104001130000RH ou rexistral número 60.854).

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 13 de maio de 2019, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do Plan especial de infraestruturas e dotacións relativo ao predio radicado na parte posterior da estación de autobuses da Estrada (ref. cat. 36017A104001130000RH ou rexistral núm. 60.854 ), asinado pola arquitecta Beatriz Abel Pazos, de data setembro de 2018, presentado por Gas Galicia SDG, S.A. en formato dixital o día 19.12.2018 (r.e. núm. 10.761).

Este acordo determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento, no caso de que as novas determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos, determínase expresamente a área afectada:

Esta eventual suspensión terá unha duración máxima de 2 anos, contados desde a devandita aprobación inicial, e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. Durante esta poderán autorizarse usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

O citado Plan especial así como o expediente administrativo de que deriva sométense ao trámite de información pública durante o prazo de 2 meses, computado a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e sen prexuízo da súa publicación nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como da súa inserción no taboleiro municipal de edictos e anuncios e na páxina web municipal.

Lugar e horario de exhibición: dependencias do Departamento de Urbanismo, Casa Consistorial, 3º andar, de luns a venres (agás festivos), das 9.00 ás 14.00 horas.

A Estrada, 2 de xullo de 2019

José C. López Campos
Alcalde