Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2021 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/88/2018-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento aos herdeiros de Coralia Martínez Pérez e a Guadalupe Feijoo Martínez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/88/2018-RP1, en relación coas obras consistentes na construción de dúas edificacións que se levan a cabo en Monteverde, no termo municipal de Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística