Mediante a Orde do 2 de xuño de 2020, a Consellería de Economía, Emprego e Industria (actualmente Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación) estableceu as bases para a concesión de subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que se poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia, e convocáronse para o ano 2020.
En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 26 das bases reguladoras,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.734A.770.0, ao abeiro da Orde do 2 de xuño de 2020, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento IN317B).
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG nº 131, do 12 de xullo)
Paula Uria Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
ANEXO
Subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia
Beneficiaria |
NIF |
Actuación |
Axuda concedida (€) |
Grupimar, S.L. |
B36263994 |
Acondicionamento da capa de rodadura das pistas interiores das naves de produción. |
48.624,12 |
Mármoles y Granitos Valdepeñas, S.C. |
J15549314 |
Adquisición de pulidora automática con cinta para cantos rectos, para elaboración de pedra, mármores, granitos e materiais compostos. |
50.000,00 |
Marmolería JL Gasamáns, S.L. |
B15666811 |
Adquisición de tres equipamentos filtrantes de ventilación asistida incorporados a un casco ou capuz, tres protectores auditivos e tres cubertas para visor. |
2.100,00 |
Granitos Cabaleiro, S.A. |
A36347581 |
Peche da parte superior de pulidora mediante biombos de illamento deslizantes, fabricados en aluminio e poliéster, incluíndo a incorporación do sistema Silicaproof. |
21.315,00 |
Mármoles del Río, S.L. |
B15458235 |
Instalación de tres ventiladores da marca Sodeca co obxectivo de ventilar o edificio industrial. |
2.132,03 |
Empredra Mármores e Granito, S.C. |
J70419973 |
Adquisición de tres equipamentos filtrantes de ventilación asistida incorporados a un casco ou capuz, tres protectores auditivos e tres cubertas para visor. |
2.100,00 |
Mármoles Hércules, S.L. |
B15927478 |
Instalación dun neutralizador de po con sistema de aire comprimido que inclúe a instalación dun sistema de auga para o ventilador do neutralizador. |
7.297,49 |
Pedras e Mármores Portosín, S.L. |
B15561970 |
Adquisición dunha cabina de aspiración Hidrocab-400 e adquisición dunha pulidora de cantos Starband 2. |
14.752,50 |
Juan Pego e Hijos, S.L. |
B15290216 |
Adquisición e instalación de tres ventiladores industriais, filtros de rizo e dous kits nebulizadores exteriores de alta presión, así como a adquisición e instalación dun toldo extensible coa finalidade de reducir a altura da nave na zona de corte e pulido. |
10.771,03 |
Mármoles Vergara, S.L. |
B36280220 |
Adquisición dunha cabina de aspiración con filtración mecánica en seco. |
11.445,00 |
Granitos, Excavaciones y Construcción, S.L. |
B32322448 |
Adquisición dunha pulidora e dunha cortadora con sistemas de captación e inxección de auga. |
2.744,00 |
Siverio Obradoiro da Pedra, S.L.U. |
B15975618 |
Instalación de dúas cabinas a base de cortina de auga para a succión do po. |
35.777,00 |