Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7530

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 5 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209B).

BDNS (Identif.): 547184.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 5 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209B).

Cuarto. Contía

As subvencións que se convocan mediante esta orde faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.723A.770.1 do orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2021, por importe total de 1.000.000 euros, distribuído en 500.000 euros para a anualidade 2021 e 500.000 euros para a anualidade 2022.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes de axudas poderán ser presentadas desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de marzo de 2021.

2. De non esgotarse o crédito dispoñible, ou de resultar incrementado este posteriormente en virtude de renuncias, de modificación de resolucións de outorgamento ou de dotacións orzamentarias adicionais, poderase emitir unha nova proposta de resolución, na cal se terán en conta as solicitudes que formen parte da lista de reserva a que se refire o artigo 19.2 desta orde.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar