Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación de terreos adquiridos pola comunidade de Corvelle, no concello de Vilalba (expediente 86_79/2018_3).

De acordo co artigo 57.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, as adquisicións de terras por compra deberán ser motivadas pola comunidade veciñal titular no cumprimento dos seus fins, no interese xeral das persoas comuneiras, na defensa dos seus montes e dos seus accesos, no mellor aproveitamento dos recursos ou na mellora ou ampliación do monte veciñal en man común, e requirirá da autorización previa da Administración forestal, que deberá resolver a solicitude de compra no período máximo de tres meses. As terras adquiridas mediante compra serán cualificadas polos respectivos xurados provinciais como montes veciñais en man común e non poderán ser obxecto de permuta por un período mínimo de vinte anos.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 11.1.2021, figura o seguinte acordo:

Monte de Licencias e Toxoso (expediente 86/79), pertencente aos veciños da parroquia de Corvelle, no concello de Vilalba.

O 11.12.2017 foi presentado un escrito da comunidade de Corvelle para solicitar autorización para a compra da parcela con referencia catastral 27065A029001980000FX. Esta compra foi autorizada por resolución da Dirección Xeral de Ordenación Forestal do 11.5.2018.

Con data do 30.11.2020, o Servizo de Montes elabora unha memoria (2018_3) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da incorporación da parcela. O monte Licencia e Toxoso queda cunha superficie de 325,7 hectáreas, de acordo coa nova cartografía.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñal en man común o terreo adquirido pola comunidade e proceder á actualización correspondente no expediente, de conformidade coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 20 de xaneiro de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo