Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección C) denominada Mondoñedo número 5767.1, situada no termo municipal de Abadín, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección C) denominada Mondoñedo número 5767.1, situada no termo municipal de Abadín na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración están dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e no portal web da dita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefatura territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 26 de xaneiro de 2021

O/a xefe/a territorial de Lugo
P.A. (Artigos 36.3 e 37.1 b) do Decreto 230/2020,
do 23 de decembro (DOG núm. 5, do 11.1.2021)
Iria Fernández Vilaboa
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas