Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Sociedad Cooperativa A Ponte, S.C.G. para a explotación avícola de engorda de polos A Ponte Río, situada no lugar das Lagoas, parroquia de Piúca, concello de Maceda (Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación avícola de engorda de polos

A Ponte Río

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Sociedad Cooperativa A Ponte, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2007/0094_NAA/IPCC_139

Localización: lugar das Lagoas, parroquia de Piúca, concello de Maceda (Ourense)

Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-70

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático