Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7166

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre de 2020

Descrición

Importe

Data de sinatura

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ames para a mellora do firme do treito da estrada AC-543 entre o pq 6+250 (glorieta da AG-56) e o pq 8+390 (límite Concello Brión)

140.101,75

21.12.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Padrón para o acondicionamento da antiga AC-299

478.696,13

22.9.2020

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Padrón para o acondicionamento da antiga AC-299

478.696,13

15.12.2020

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Axenica Galega de Infraestruturas e o Concello de Xinzo de Limia para o acondicionamento da OU_531 (avenida de Celanova), a mellora de viarios municipais e racionalización da rede viaria de titularidade autonómica

2.008.086,15

20.10.2020

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cerdedo-Cotobade para os traballos de redacción de proxecto e xestión de expedientes de expropiación do acondicionamento da estrada Cerdedo-Caroi

71.600,00

9.11.2020

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Axenica Galega de Infraestruturas e o Concello de Salvaterra de Miño para a pavimentación da rúa Rosalía de Castro, PO-400, e a construción dunha senda peonil entre o núcleo urbano de Salvaterra e o núcleo de poboación das Zacoteiras

681.711,36

27.10.2020

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Asociación STOP Accidentes para o impulso de novas medidas en defensa da seguridade viaria

55.000,00

28.10.2020