Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2021 Páx. 6780

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello dos Blancos

ANUNCIO polo que se somete a información pública a aprobación incial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a residencia de maiores.

Logo de aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a residencia de maiores, por acordo do pleno na sesión extraordinaria, con data do 4 de decembro de 2020, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [http://osblancos.sedelectronica.gal].

Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes ou obter copias.

Se transcorrido o devandito prazo, non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Os Blancos, 4 de xaneiro de 2021

José Manuel Castro Blanco
Alcalde