Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2021 Páx. 6783

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO do convenio urbanístico relativo ao sector de solo urbanizable número 8 do Plan xeral de ordenación municipal.

Con data do 18 de novembro de 2020 o Concello de Sanxenxo e a Xunta de Compensación do sector de solo urbanizable nº 8 (SU 8) do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo (PXOM) subscribiron un convenio urbanístico coa finalidade de modificar a ordenación do ámbito.

O texto íntegro do convenio e a súa documentación gráfica poden consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo: http://sede.sanxenxo.es, introducindo o seguinte CSV: UBQR49BN4YS7M4F4.

De conformidade co establecido no artigo 168 da Lei do Solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia.

Sanxenxo, 23 de novembro de 2020

Telmo Martín González
Alcalde presidente