Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6552

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca a praza de director/a xerente.

Retegal é unha sociedade mercantil pública autonómica, pertencente ao sector público autonómico e adscrita, de conformidade co Decreto 252/2011, do 15 de decembro, á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O Consello de Administración, na súa sesión do 11 de xaneiro de 2021, acordou iniciar o proceso de selección para o posto de director/a xerente de Retegal.

En execución do devandito acordo, mediante este anuncio, convócase unha praza de director/a xerente en réxime de persoal laboral de alta dirección para a prestación de servizos coa devandita cualificación na citada entidade.

As bases e condicións atópanse na web da entidade solicitante http://www.retegal.gal e no seu taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

Mar Pereira Álvarez
Presidenta do Consello de Administración de Retegal