A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de persoal: un técnico superior para o proxecto BAPSI; un técnico superior e un auxiliar técnico FP para o proxecto SILENCIO.
As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vigo, 26 de xaneiro de 2021
Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar