Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 7283/2020, interposto polo Concello de Oleiros contra a inactividade da Administración autonómica en relación coa solicitude realizada pola referida entidade local para que se declaren a extinguir os postos de Intervención e Secretaría do Consorcio As Mariñas.

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo recibiu un oficio da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 7283/2020, interposto polo Concello de Oleiros contra a inactividade da Administración autonómica, en relación coa solicitude realizada pola referida entidade local para que se declaren a extinguir os postos de Intervención e Secretaría do Consorcio As Mariñas.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Administración Local acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2020

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo